Actualidade

𝐎 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐬𝐭𝐮𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐳𝐚 𝐫𝐞𝐟𝐨𝐫𝐳𝐚 𝐚 𝐬ú𝐚 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐩𝐮𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬, 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐬𝐚í𝐝𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬.

O grupo de coordinación do SED mantivo unha reunión de traballo para definir a súa intensa axenda de cara aos vindeiros meses, segundo informou a concelleira de Cultura, Begoña Blanco.

📖 «𝐃𝐞𝐬𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐧𝐝𝐨» 𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐩𝐮𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬

Aceptáronse máis dunha ducia de artigos de gran calidade para o Anuario Descubrindo que xa están en fase de corrección. O novo número verá a luz no primeiro trimestre de 2027.

«Deza Básicos»: iniciarase proximamente a convocatoria dunha nova publicación tras a aprobación das bases na vindeira xuntanza do Padroado Cultural.

🎤 𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐡𝐨𝐦𝐞𝐧𝐚𝐱𝐞𝐬 𝐧𝐚 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐞 Á𝐥𝐯𝐚𝐫𝐨

🗓️ Xoves 12 de novembro (20 h): conferencia de Armando Requeixo sobre «Álvaro Cunqueiro e o Cocido de Lalín». Unha cita aberta ao público que devolve a visita cultural realizada polo SED a Mondoñedo.

🗓️ 15 de decembro (20 h): mesa redonda sobre Francisco Vilariño García con motivo do centenario da súa morte (1926). O acto homenaxeará ao mestre, cronista e autor de «Reseña histórica do Condado de Deza», e contará coas intervencións de Daniel González Alén, Lito López Fernández e Francisco Rubia.

🚌 𝐒𝐚í𝐝𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐚 𝐂𝐞𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 (15 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨)

Dentro do programa «Coñecendo Galicia», o SED organiza unha viaxe a Celanova despois dos éxitos das visitas a Betanzos e Mondoñedo.

Prazas abertas á veciñanza: tras a inscrición de colaboradores, abrense as prazas baleiras ao público xeral.

Itinerario: Fundación Curros Enríquez, Vilanova dos Infantes e Mosteiro de Celanova.

Horario: Saída ás 8:45 h e regreso ás 21 h.

Condicións: o autobús é gratuíto (asumido polo SED) e o xantar será por conta dos participantes (reserva conxunta).

Ademais, o SED xa traballa na planificación de novas actividades para sumar ás celebracións do centenario de Loriga

NOVA EDICIÓN DEZA BÁSICOS

NOVA EDICIÓN DEZA BÁSICOS en 2027

Para o 2027 publicarase un novo volume de Deza Básicos.

Con este motivo, o grupo de coordinación do SED decidiu publicar as bases que regulen unha convocatoria pública, co fin de posibilitar un proceso de selección da publicación transparente e aberto.

Estas son as bases, que regulan a convocatoria, propostas polo SED e aprobadas polo Padroado Cultural do Concello de Lalín. Animamos a todas aquelas persoas interesadas a que envién os seus traballos, e agradecemos por adiantado os mesmos. O prazo para a recepción das propostas remata o 31 de xaneiro.

Para calquera dúbida, pódese contactar en descubrindodeza@gmail.com

Para calquera dúbida, pódese contactar en descubrindodeza@gmail.com

XORNADAS CONMEMORATIVAS SED

𝐄𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐬𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐞𝐧𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐫𝐚𝐧𝐬𝐞 𝐚𝐬 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐦𝐞𝐦𝐨𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐬𝐭𝐮𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐃𝐞𝐳𝐚 𝐝𝐞𝐝𝐢𝐜𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐚 𝐕𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐁𝐮𝐱á𝐧, 𝐑𝐚𝐦ó𝐧 𝐌ª 𝐀𝐥𝐥𝐞𝐫, 𝐀𝐬𝐨𝐫𝐞𝐲 𝐞 𝐨 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐦á𝐭𝐢𝐜𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳.

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, indica que estas xornadas consistirán en charlas ofrecidas por destacadas personalidades con coñecemento deste catro ilustres, serán de asistencia gratuíta e que se desenvolverán todas elas no Museo Municipal «Ramón María Aller».

📅xoves 11 de abril 20:30 h 👉 O escritor Xosé Luna e o Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén, falarán sobre 𝗠𝗮𝗻𝘂𝗲𝗹 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹 𝗩𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮 𝗕𝘂𝘅á𝗻.

📅xoves 9 de maio 20:30 h 👉 Relatorio do académico Felipe Senén sobre o escultor cambadés 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗔𝘀𝗼𝗿𝗲𝘆 𝗚𝗼𝗻𝘇á𝗹𝗲𝘇.

📅xoves 29 de agosto 20:30 h 👉 Charla por parte de Cecilia Doporto e do profesor José Ángel Docobo sobre o ilustre 𝗗. 𝗥𝗮𝗺ó𝗻 𝗠ª 𝗔𝗹𝗹𝗲𝗿.

📅xoves 10 de outubro 20:30 h 👉 A investigadora Carmen Villanueva e o profesor José Ángel Docobo intervirán sobre a figura e obra de 𝐉𝐨𝐬é 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳 𝐆𝐨𝐧𝐳á𝐥𝐞𝐳, “𝙊 𝙈𝙖𝙩𝙚𝙢á𝙩𝙞𝙘𝙤 𝙍𝙤𝙙𝙧í𝙜𝙪𝙚𝙯”, que vén de ser elixido “Científico Galego do Ano” pola RAG de Ciencias con motivo do seu 200 aniversario.

#lalínécultura

PREMIOS SED 2023

Premios SED 2023

O xurado outorga os Premios do Patrimonio Cultural 2023 tras deliberar sobre os candidatos presentados de xeito anónimo no formulario dispoñible na páxina web do SED, quedando os premiados do seguinte xeito:

– Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza: museo etnográfico Casa do Patrón

– Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza: o profesor e investigador D. Xoán Carlos García Porral

– Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza: o conselleiro de D. Cultura Román Rodríguez González

– Premio Descubrindo a D. Antonio Presas García

Uns galardóns para distinguir o labor de entidades, colectivos ou persoas que presenten unha traxectoria de mérito na protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural dezán, tanto material como inmaterial. Entregaranse o venres 12 de xaneiro no Pazo de Liñares, no acto no que tamén se presentará unha nova edición do Descubrindo, anuario de Estudos e Investigación de Deza. Estades todos e todas convidados a asistir ao acto.

A Casa do Patrón recibe o premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza. Un recoñecemento de promoción de 28 anos desde a pequena aldea de Codeseda, na parroquia de Doade. O seu museo etnográfico e o resto de complexos ou actividades que orbitan á súa ao redor converteuse nun dos principais centros que fomenta a recuperación, mantemento e difusión da etnografía, a arqueoloxía, a natureza e o turismo no interior de Galicia.

O galardón de investigación recaeu en Xoán Carlos García Porral polo seu labor en torno ao estudo e difusión da cultural de Deza. Atesoura máis dunha ducia de libros desde o 2002, ademais de participar en proxectos como o de recollida de toponimia galega, entre outros. García Porral ten ademais unha participación activa e continua como membro do SED, con numerosas publicacións no anuario Descubrindo desde os seus comezos.

O Premio de Honra do Seminario de Estudos de Deza recaeu no conselleiro lalinense, sendo Román Rodríguez uno dos fundadores nos seus comezos. Tamén o xurado recoñeceu o seu labor para impulsar e coordinar o SED na súa etapa inicial, apoiando despois desde o seu cargo na Xunta.

Por último, o Premio Descubrindo recaeu en Antonio Presas García, un dos fundadores e membro do consello de redacción deste anuario, con 15 artigos publicados.

Convocatoria dos Premios SED 2023

O Seminario de Estudos de Deza convoca este ano a segunda edición dos Premios do Seminario de Estudos de Deza.

O prazo de presentación das candidaturas ábrese mañá día 25 de decembro, e permanecerá aberto ata o día 31 de decembro.

Ahí está dispoñible na lapela premios 2023 un formulario habilitado para tal fin, que é anómino, nas diferentes categorías que se volven a convocar este ano:

– «Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza»

– «Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza»

– «Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza»

O xurado elixirá aos premiados entre as persoas e entidades propostas, e decidirá directamente o «Premio Descubrindo».

Os galardóns entregaranse o vindeiro 12 de xaneiro.

Animádevos a presentar os vosos candidatos!

Descubrindo 15

Portada Descubrindo Número 15

Xa están dispoñibles para consultar e descargar os artigos do DescubrindoDeza número 15. E tamén os artigos dos demais volúmenes. Polo tanto o proceso de dixitalización e incorporación á rede da colección DescubrindoDeza queda completado. O almacenamento de contidos e o deseño desta bitácora foi un traballo laborioso feito dende o cariño e a admiración a todos e todas os autores e autoras que ao longo de máis de vinte anos aportaron o seu traballo e transmitiron os seus coñecementos sobre a Comarca de Deza. Moitas grazas pola vosa xenerosidade.

Quen somos

Conxunto de persoas que realizamos traballos de investigación sobre todos os aspectos relacionados coa Comarca de Deza.

Publicacións

Paulatinamente iremos engadindo nesta páxina as publicacións impulsadas polo Seminario de Estudos de Deza. A nosa biblioteca está formada principalmente polos 15 números do Anuario Descubrindo e pola Colección Deza-Básicos.

Colección completa de anuarios Descubrindo Deza

Contacto

Se queres poñerte en contacto con nós, envíanos unha mensaxe a descubrindodeza@gmail.com