Actualidade

PREMIOS SED 2023

Premios SED 2023

O xurado outorga os Premios do Patrimonio Cultural 2023 tras deliberar sobre os candidatos presentados de xeito anónimo no formulario dispoñible na páxina web do SED, quedando os premiados do seguinte xeito:

– Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza: museo etnográfico Casa do Patrón

Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza: o profesor e investigador D. Xoán Carlos García Porral

– Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza: o conselleiro de D. Cultura Román Rodríguez González

– Premio Descubrindo a D. Antonio Presas García

Uns galardóns para distinguir o labor de entidades, colectivos ou persoas que presenten unha traxectoria de mérito na protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural dezán, tanto material como inmaterial. Entregaranse o venres 12 de xaneiro no Pazo de Liñares, no acto no que tamén se presentará unha nova edición do Descubrindo, anuario de Estudos e Investigación de Deza. Estades todos e todas convidados a asistir ao acto.

A Casa do Patrón recibe o premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza. Un recoñecemento de promoción de 28 anos desde a pequena aldea de Codeseda, na parroquia de Doade. O seu museo etnográfico e o resto de complexos ou actividades que orbitan á súa ao redor converteuse nun dos principais centros que fomenta a recuperación, mantemento e difusión da etnografía, a arqueoloxía, a natureza e o turismo no interior de Galicia.

O galardón de investigación recaeu en Xoán Carlos García Porral polo seu labor en torno ao estudo e difusión da cultural de Deza. Atesoura máis dunha ducia de libros desde o 2002, ademais de participar en proxectos como o de recollida de toponimia galega, entre outros. García Porral ten ademais unha participación activa e continua como membro do SED, con numerosas publicacións no anuario Descubrindo desde os seus comezos.

O Premio de Honra do Seminario de Estudos de Deza recaeu no conselleiro lalinense, sendo Román Rodríguez uno dos fundadores nos seus comezos. Tamén o xurado recoñeceu o seu labor para impulsar e coordinar o SED na súa etapa inicial, apoiando despois desde o seu cargo na Xunta.

Por último, o Premio Descubrindo recaeu en Antonio Presas García, un dos fundadores e membro do consello de redacción deste anuario, con 15 artigos publicados.

Convocatoria dos Premios SED 2023

O Seminario de Estudos de Deza convoca este ano a segunda edición dos Premios do Seminario de Estudos de Deza.

O prazo de presentación das candidaturas ábrese mañá día 25 de decembro, e permanecerá aberto ata o día 31 de decembro.

Ahí está dispoñible na lapela premios 2023 un formulario habilitado para tal fin, que é anómino, nas diferentes categorías que se volven a convocar este ano:

– «Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza»

– «Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza»

– «Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza»

O xurado elixirá aos premiados entre as persoas e entidades propostas, e decidirá directamente o «Premio Descubrindo».

Os galardóns entregaranse o vindeiro 12 de xaneiro.

Animádevos a presentar os vosos candidatos!

Descubrindo 15

Portada Descubrindo Número 15

Xa están dispoñibles para consultar e descargar os artigos do DescubrindoDeza número 15. E tamén os artigos dos demais volúmenes. Polo tanto o proceso de dixitalización e incorporación á rede da colección DescubrindoDeza queda completado. O almacenamento de contidos e o deseño desta bitácora foi un traballo laborioso feito dende o cariño e a admiración a todos e todas os autores e autoras que ao longo de máis de vinte anos aportaron o seu traballo e transmitiron os seus coñecementos sobre a Comarca de Deza. Moitas grazas pola vosa xenerosidade.

Quen somos

Conxunto de persoas que realizamos traballos de investigación sobre todos os aspectos relacionados coa Comarca de Deza.

Publicacións

Paulatinamente iremos engadindo nesta páxina as publicacións impulsadas polo Seminario de Estudos de Deza. A nosa biblioteca está formada principalmente polos 15 números do Anuario Descubrindo e pola Colección Deza-Básicos.

Colección completa de anuarios Descubrindo Deza

Contacto

Se queres poñerte en contacto con nós, envíanos unha mensaxe a descubrindodeza@gmail.com