Co ánimo de recoñecer o esforzo, a dedicación e a positiva contribución no campo do traballo e a investigación por conservar o noso patrimonio cultural, dende o Seminario de Estudos de Deza, damos continuade a estes premios iniciados o ano pasado, destinados a valorar a traxectoria vinculada á protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación na Comarca de Deza, en particular.
As modalidades para o ano 2023 son:
• Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza.
• Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza.
• Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza (darase cando o
Seminario o considere oportuno).
• Premio Descubrindo (a colaboradores destacados do anuario).
Podes consultar as bases da convocatoria do ano 2022 aquí (Descargar bases).
O prazo para presentar candidatos iniciase o 25 de decembro, e remata o 31 de decembro.