PREMIOS SED 2025

O SED outorga estes galardóns co propósito de valorar o esforzo, a entrega e as achegas no ámbito da investigación para preservar e difundir o noso patrimonio cultural

O SEMINARIO DE ESTUDOS DE DEZA ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AOS PREMIOS SED 2025

  • Calquera persoa pode propoñer candidatos de xeito totalmente anónimo no formulario habilitado na web do Seminario de Estudos de Deza http://sed.lalin.gal/, durante os próximos días, ata o 21 de decembro, inclusive

Decembro de 2025

O Seminario de Estudos de Deza (SED) abre o prazo de presentación de candidaturas aos “Premios do Patrimonio Cultural” que vén convocando anualmente desde 2022 e que teñen como fin recoñecer e valorar as traxectorias meritorias vinculadas á protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación na Comarca de Deza. Con esta aposta continuada no tempo por estes galardóns o SED trata de recoñecer o esforzo, a dedicación e a positiva contribución no campo do traballo e a investigación por conservar o noso patrimonio cultural.

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, indica que “na xuntanza do grupo de coordinación do SED decidiuse manter as mesmas catro categorías que en edicións anteriores, e continuar igualmente co sistema para poder propoñer a persoas candidatas aos premios”. “Deste xeito, calquera persoa pode propoñer candidatos cubrindo un formulario anónimo na páxina web do Seminario de Estudos de Deza http://sed.lalin.gal/, na lapela PREMIOS SED 2024, ata o domingo 20 de decembro, inclusive”. “Unha vez finalizado o prazo, reunirase o grupo de Coordinación do SED para deliberar entre as propostas”, explica.

O formulario está dividido en categorías, e ademais de indicar o nome da persoa, entidade ou colectivo que se propón como merecedora do galardón, é preciso indicar o motivo polo que se considera para ser premiada. Como novidade deste ano, na categoría de “Premio á Investigación”, pódese conceder á persoas investigadoras da Comarca de Deza, aínda cando o obxecto de investigación non sexa estritamente vinculado a este territorio.

En resumo, as categorías para os Premios SED son as seguintes: “Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza”; “Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza”; “Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza” (que pode quedar deserto se así o considera o Seminario), e “Premio Descubrindo” (a colaboradores destacados do anuario, outórgase por orde do número de artigos publicados).

En cada una das categorías outórgase un único premio que consistirá nunha  reprodución da “Pía de Donramiro”. Nas pasadas edicións de 2022 , 2023 e 2024, recoñeceuse o labor de entidades como a Comunidade de Montes de Bermés, a Casa do Patrón ou a Carballeira de Cercio, , a investigadores como Gonzalo Navaza, César Gómez Buxán, Xoán Carlos Carlos Porral, Antonio Vidal Neira ou de Armando Vázquez , Román Rodríguez e Francisco Rubia, recoñecidos na categoría de Honra. 

Blanco avanza que estes “Premios do Patrimonio Cultural” entregaranse, como nos últimos anos, no marco dun acto organizado polo SED nas primeiras semanas do 2026, no que tamén se presentará o Anuario Descubrindo nº 18.

O formulario pechouse, grazas polas vosas achegas!

𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐒𝐄𝐃 𝟐𝟎𝟐𝟓

O Pazo de Liñares vestiuse onte de gala para acoller un dos importantes eventos culturais do ano na comarca: a entrega dos Premios SED e a presentación do número 18 do anuario ‘Descubrindo’.

Nese acto o Seminario de Estudos de Deza recoñeceu a traxectoria de persoas e entidades que dedican a súa vida a protexer, investigar e difundir a nosa esencia como pobo.

🥇 Galardoados de 2025:

✨ 𝗙𝘂𝗻𝗱𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗣𝗮𝗰𝗼 𝗟𝗮𝗿𝗲𝗼-𝗔 𝗦𝗼𝗹𝗮𝗶𝗻𝗮 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗹𝗼ñ𝗼: (Premio á posta en valor e difusión). Pola súa pegada como referente cultural no medio rural e ese diálogo único entre patrimonio e creación contemporánea. Recolleu Carmen Lareo de mans da concelleira Begoña Blanco.

📚 𝗘𝗺𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗔𝗿𝗮ú𝘅𝗼: (Premio á investigación). Pola súa inmensa produción literaria e etnográfica, especialmente o seu traballo de máis de 40 anos sobre Zobra e a memoria do territorio. Entregou o premio a tenente alcalde Paz Pérez.

🔍 𝗫𝗼á𝗻 𝗖𝗮𝗿𝗹𝗼𝘀 𝗚𝗮𝗿𝗰í𝗮 𝗣𝗼𝗿𝗿𝗮𝗹: (Premio Descubrindo). Pola súa labor sostida na arqueoloxía, etnografía e microtoponimia, achegando a nosa historia académica ao público xeral. Entregou Charo Golmar (SED).

🏅 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹 𝗚𝗼𝗻𝘇á𝗹𝗲𝘇 𝗔𝗹é𝗻: (Premio de Honra). O noso Cronista Oficial recibiu este recoñecemento pola súa vida dedicada ao estudo e documentación da historia de Lalín e Deza. Un fondo documental vivo para a nosa comarca. Entregou o galardón o conselleiro de Educación Román Rodríguez.

📖 18 anos de ‘Descubrindo’

Celebrouse ademais a «maioría de idade» do anuario Descubrindo, que co seu número 18 consolídase como a publicación de referencia para a investigación histórica e científica no Deza. Daniel García Coego (SED) foi o encargado de poñer en valor este gran proxecto cultural e colectivo.

Parabéns a todos os premiados! 👏

#lalínécultura

https://www.facebook.com/reel/779342728054818