Xa temos os catro primeiros premiados no recén estrenado palmarés dos Premios SED. Esta é a Acta que recolle a decisión do xurado: (Descargar Acta)
Co ánimo de recoñecer o esforzo, a dedicación e a positiva contribución no campo do traballo e a investigación por conservar o noso patrimonio cultural, dende o Seminario de Estudos de Deza, créanse estes premios destinados a valorar a traxectoria vinculada á protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación na Comarca de Deza, en particular.
As modalidades para o ano 2022 son:
• Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza.
• Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza.
• Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza (darase cando o
Seminario o considere oportuno).
• Premio Descubrindo (a colaboradores destacados do anuario).
Podes consultar as bases da convocatoria aquí (Descargar bases).
Podes presentar as candidaturas que consideres oportunas para os Premios SED 2022 a través do seguinte formulario anónimo. O prazo de presentación remata o día 4 de decembro de 2022 ás 23:59 horas.