A colección de publicacións Deza Básicos componse de traballos monográficos sobre un tema concreto que pola súa entidade dan lugar a unha publicación específica. É un proxecto impulsado polo Seminario de Estudos de Deza e o Concello de Lalín. A súa vocación é publicar aqueles estudos e investigacións de interese vencellados con Lalín e a Comarca de Deza.
Para este 2025 publicarase un novo volume de Deza Básicos.
Con este motivo, o grupo de coordinación do SED decidiu publicar as bases que regulen unha convocatoria pública, co fin de posibilitar un proceso de selección da publicación transparente e aberto.
Estas son as bases, que regulan a convocatoria, propostas polo SED e aprobadas polo Padroado Cultural do Concello de Lalín. Animamos a todas aquelas persoas interesadas a que envién os seus traballos, e agradecemos por adiantado os mesmos. O prazo para a recepción das propostas remata o 31 de xullo.
Para calquera dúbida, pódese contactar en descubrindodeza@gmail.com

