ANUARIO DESCUBRINDO DEZA. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS
TEMÁTICA: Recolleranse traballos de investigación inéditos, incluída a edición de fontes, redactados en calquera idioma, que se refiran á Comarca de Deza, sendo esta a única limitación temática dos mesmos.
Non se incluirán aqueles artigos de marcado carácter subxectivo ou de opinión.
O Consello e Redacción velará pola adaptación dos artigos ás normas e pola súa calidade científica, indicándolle aos autores as modificacións ou suxestións que se estimen oportunas para posibilitar a inclusión das mesmas no volume. Aqueles artigos que non cumpran o establecido nestas normas de publicación non serán aceptados
DATA LÍMITE DE ENTREGA: o 31 de agosto de 2024
SEPARATAS E EXEMPLARES: A cada artigo corresponden dous exemplares da revista e dez separatas, con independencia do número de autores que participen nel.
NORMAS DE ENTREGA DE ORIXINAIS PARA PUBLICACIÓN
1.– A entrega dos traballos para a publicación implica a cesión do seu dereito de explotación e copia. Esta cesión ten por finalidade a protección do interese común de autores e editores.
2.– O texto deberá entregarse en versión definitiva. Unha vez recibidos os orixinais non se permitirá facer modificacións nin engadidos que afecten significativamente ao proceso de edición.
3.– Os traballos orixinais deberá ter unha extensión máxima de 20 páxinas (imaxes incluídas). Na primeira páxina do traballo deberá constar o título, nome e apelidos do autor, un breve resumo (arredor de 300 caracteres) e ata cinco “palabras clave”, coas súas respectivas traducións ao inglés. O corpo utilizado nos parágrafos normais do texto será 12, Times New Roman, con entreliñamento 1’5.
As referencias á bibliografía no texto faranse conforme o modelo de citación internacional:
3.1.– Dentro do texto e das notas, as referencias bibliográficas faranse de xeito abreviado, por medio do apelido do autor ou autores, o ano e, de ser o caso, o número da páxina, coma nestes exemplos: (Ferreira 1989: 47), (Ferreira/Amoedo 1999: 17n), (Ferreira 1996b). A referencia completa reservarase para a bibliografía final.
3.2.– Ao final, incluiranse por extenso as referencias bibliográficas das obras citadas ao longo do texto. Exemplos:
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012): Murguía. Vigo: Galaxia.
Rodríguez Fer, Claudio (1980): “O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra”, Grial 68, 144–160.
Cochón, Iris (2003): “Lois Pereiro”, en Arturo Casas (ed.), Antoloxía consultada da poesía galega 1976–2000. Lugo: Editorial TrisTram, 661–682.
Suquet Martínez, Mirta (2011): “Da topoloxía do corpo á utopía da escrita: Poesía última de amor e enfermidade (1992–1995) de Lois Pereiro”. Revista de Poesía: 1, 22–41
http://www.poesiagalega.org/revista_de_poesia/revista/f/199.
TILG = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http: //www.ti.usc.es/TILG/ [consulta en maio–setembro 2011].
4.–As citas textuais que se fagan dentro do texto principal deberán adoptar dous formatos diferentes: se non superan as cinco liñas irán dentro do parágrafo, co mesmo tipo de letra, entre comiñas; as citas máis longas poñeranse en parágrafo á parte, sen comiñas, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. En ningún caso se empregarán as cursivas.
5.– As notas do texto principal situaranse ao pé e estarán numeradas de xeito correlativo, en corpo 10, Times New Roman. Non se incluirán aquí as referencias bibliográficas por extenso, para evitar a proliferación de notas no rodapé.
6.– Táboas / cadros. Realizaranse utilizando o comando específico de “edición de táboas”. As táboas ou cadros deben cumprir as seguintes normas: 1) irán numerados correlativamente (Táboa 1, Táboa 2 etc.); 2) levarán un encabezamento conciso. Farase referencia ás táboas ou cadros no texto principal. Exemplo: (Vid. táboa 1).
7.– Gráficos. Presentaranse nun arquivo informático (preferentemente Excel). Neste caso recoméndase incluír na mesma páxina o gráfico e mais a táboa de datos. Sempre irán numerados de xeito correlativo (Gráfico 1, Gráfico 2 etc.). (Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. gráfico 1)).
8.– Fotografías, ilustracións, mapas, planos. Poderán presentarse orixinais con calidade para seren dixitalizados. Se o autor prefire presentar arquivos informáticos, recoméndase cumprir os seguintes parámetros:
8.1.– Mapas, debuxos, planos, gravados: a dixitalización farase en “modo liña” ou “mapa de bits” (non se recomenda o modo “escala de grises”); a resolución será de 1200 ppp.
8.2.– Fotografías: dixitalizaranse cunha resolución de 300 ppp. Resolucións inferiores a 225 ppp non son recomendables.
Recoméndanse os seguintes formatos de arquivo: .TIFF, .EPS, .JPG.
Irán numerados de xeito correlativo (Fig. 1, Fig. 2 etc.) con números arábigos. (Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. Fig.1)).
9.–Os materiais complementarios (táboas, gráficos, imaxes, mapas…) deben acompañarse do recoñecemento da fonte e da autoría, e, no seu caso, dos correspondentes permisos de uso e reprodución.
10.– Os artigos que, despois de maquetados, non superen as 10 páxinas, serán incluídos na publicación como Comunicacións
11.– Os autores poden solicitar que se lles envíen as primeiras probas para corrixir. Admitiranse só correccións tipográficas e ortográficas e, sempre a xuízo dos editores, aqueles engadidos ou eliminacións de texto que non afecten á maqueta da publicación.
12. A responsabilidade dos contidos corresponde ás persoas autoras dos artigos, e non ao SED.
13.– Os traballos serán remitidos á seguinte dirección de correo electrónico: descubrindodeza@gmail.com