Estamos desexando que cheguen as 20,00 horas do próximo xoves día 16 de febreiro de 2023, momento no que, no Museo Ramón María Aller Ulloa, dará comezo a presentación que fará Calros Solla do seu libro «O pote do ouro».
Ollando un pouco por riba o curriculum deste autor vese ben ás claras a súa inxente labor en múltiples eidos que teñen como denominador común a lingua e a cultura galega. No Seminario de Estudos de Deza estamos encantados de que veñas a Lalín onde compartimos contigo esa ansia de coñecer e descubrir a Galicia central da que formamos parte e dende a que contemplamos o resto do universo.
Calros Solla, breve reseña:
Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É filólogo, profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
O colectivo Capitán Gosende é unha asociación cultural galega, sen ánimo de lucro, libre e aberta, cuxo ámbito de actuación atinxe os lindes da histórica comarca de Terra de Montes. Fundada o 1 de abril de 2012 en Cerdedo polo filólogo, etnógrafo e escritor Calros Solla, a súa praxe inspírase na máxima martiana “Facer é o mellor xeito de dicir”.
O nome do colectivo lembra un célebre heroe cerdedés, o capitán Gosende, que en 1589 liderou as milicias de Montes que combateron e derrotaron na Coruña a armada do corsario Francis Drake.
Os membros da asociación fixaron os seus obxectivos na descuberta, estudo e promoción do patrimonio material e inmaterial de Cerdedo e Montes, concretados nas disciplinas da etnografía, a historia, a lingua e a literatura. Do seu labor de investigación provese a colección bibliográfica Cerdedo in the Voyager (ao coidado de Edicións Morgante)
O Campo das Laudas nace no ano 2016 a mans do colectivo Capitán Gosende.
Localizada na Fontedorraca, predio das Raposeiras, este proxecto de iniciativa privada nace como tributo ás persoas que, no concello de Cerdedo, deron a vida ou comprometeron o seu benestar en prol da democracia e da liberdade.
“O Campo das Laudas, que se irá erixindo pedra a pedra, derroga o interesado esquecemento e rearce unha tendenciosa anomalía, xa que neste territorio, carente de xenerosidade e tolerancia política, non se cumpre a Lei de Memoria Histórica (52/2007)”.
http://patrimoniogalego.net/…/2020/08/campo-das-laudas/
Feliz ano novo 2023.
O Seminario de Estudos de Deza promoverá un inventario de pezas arqueolóxicas relacionadas coa comarca.
O pasado día 7 de setembro na xuntanza da Comisión de Coordinación do Seminario de Estudos de Deza, definíronse os obxetivos máis inmediatos do colectivo e elaborouse o calendario de actividades do derradeiro trimestre do ano.
O Consello de Redacción informa sobre o Descubrindo número 15. A publicación vai avanzando a bo ritmo con varios autores que xa presentaron os artigos. Algúns traballos quedarán na reserva para seguintes publicacións pois o formato de edición só permite chegar ata un determinado número de artigos e un certo número de páxinas.
O Seminario de Estudos de Deza estará presente na Feira do Libro que se celebrará en Lalín os días 14, 15, 16 de Outubro. O SED terá espazo na Feira onde se expoñerá unha selección das publicacións realizadas. Tamén o sábado día 15 haberá unha presentación ao público do Seminario de Estudos de Deza na que se expoñerán os obxetivos do colectivo e os traballos que se veñen realizando, así como a traxectoria da institución ao longo dos seus máis de vinte anos de historia.
En canto á dixitalización das publicacións do Seminario, vaise a continuar co proceso para que sexan todas accesibles na páxina web do Concello de Lalín e tamén no enlace específico do Seminario na rede www.sed.lalin.gal
Abordouse un calendario de actividades para o derradeiro trimestre do ano 2022 cos seguintes eventos:
– No mes de outubro convidaremos ao Colectivo A Rula para expoñer o seu traballo de conservación e divulgación das mostras de arte rupestre así como das publicacións sobre as mesmas.
– A presentación do Inventario das Alvarizas da Comarca de Deza será o venres 18 de novembro.
– Descubrindo15. Presentación anuario o venres 16 de decembro. Ese mesmo día será tamén a entrega de galardóns outorgados polo Seminario de Estudos de Deza a aquelas persoas e institucións que se distinguiran polo seu labor de divulgación cultural e científica. Acordó use que a presentación do Anuario será todos os anos o terceiro venres do mes de decembro.
Acordouse que o SED promoverá un inventario das pezas arqueolóxicas relacionadas coa Comarca de Deza. Moitas delas están expostas en diversos museos de Galicia. Definiráse unha ficha coa información de cada peza.
Abordouse a cuestión das memorias arqueolóxicas relativas a escavacións e intervencións realizadas na nosa Comarca. O obxetivo do Seminario é poder dispoñer dunha copia de todas elas. Hai algunhas que están sen entregar e o Seminario preguntará sobre a situación na que se atopan.
O SED acordou abrir unha liña de traballo en relación coas persoas destacadas ao longo da historia da nosa Comarca. Preténdese realizar exposicións monográficas sobre elas para achegar ao público a significación que tiveron no seu tempo.
Por último presentáronse unhas maquetas borrador dos paneis informativos que se instalarán nos castros de Sestelo, Catasós e Bendoiro no marco da subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Lalín nunha actuación na que colaboran Roteiros de Lalín e o Seminario de Estudos de Deza.
Con estas e outras iniciativas o Seminario de Estudos de Deza segue avanzando e abranguendo novas liñas de actuación en canto a divulgación cultural e científica sobre a nosa Comarca.

Colaboración con Terras do Corgo.
O Seminario de Estudos de Deza, dentro desta nova etapa, quere abrirse a colaboracións e intercambios con outras institucións académicas de investigación existentes en Galicia. Así o pasado venres 12 de agosto, unha pequena delegación corguesa, encabezada por Lois Ladra e Óscar González Murado, desprazouse ata Lalín co propósito de establecer novos vencellos e abrir futuras vías de colaboración cultural co Seminario de Estudos de Deza. Grazas a esta primeira reunión oficial entre os representantes de ambas entidades, produciuse un intercambio de publicacións que veu a enriquecer considerablemente o patrimonio bibliográficode sendas institucións. Os libros aportados polo concello do Corgo xa están a disposición da veciñanza para a súa consulta na biblioteca do SED sita no Pazo de Liñares. De igual xeito, os libros aportados polo SED (cos anuarios Descubrindo e algúns dos números dos Deza Básicos, entre outros), xa se atopan depositados no Punto de Atención á Lectura do Corgo. Igualmente realizouse con eles unha visita ao Centro Cultural Manuel Lamazares de Rodeiro con especial atención á colección arqueolóxica existente no museo municipal rodeirense que ten pezas moi interesantes algunhas delas de orixe castrexo e romano.
Hola a Tod@s (Entrada publicada o día 8 de xuño de 2022).
O Seminario de Estudos de Deza é unha entidade que acumula máis de vinte anos de existencia.
O pasado venres día 3 de xuño, na xuntanza da Comisión de Coordinación do Seminario de Estudos de Deza celebrada no Pazo de Liñares, deseñáronse as liñas de actuación que se impulsarán a curto e medio prazo por esta entidade. Establecéronse tres áreas de traballo específicas. Haberá un Consello de Redacción que se encargará da organización das publicacións. Existirá un Director de Actividades Divulgativas. E en terceiro lugar un Xestor de Comunicación Multimedia.
O Consello de Redacción acordou a apertura do prazo de presentación de traballos para a elaboración do Anuario de Estudos e Investigación número 15. A duración do mesmo será ata o día 30 de setembro de 2022 manténdose as bases das anteriores edicións en canto aos requisitos que deben cumprir os artigos para seren publicados. Os traballos pódense enviar a descubrindodeza@gmail.com e este enderezo serve igualmente para plantexar calquera petición de información.
Por outro lado dende a Dirección de Actividades Divulgativas comezarán a estudarse distintas propostas a desenvolver directamente ou coa colaboración con institucións académicas para a organización de seminarios, conferencias, simposios e eventos en relación ao estudio e divulgación de cuestións relacionadas coa Comarca de Deza.
Na área de comunicación multimedia poñerase rumbo decidido á dixitalización das publicacións xa elaboradas ata o presente polo Seminario de Estudos de Deza, tanto o Anuario Descubrindo como a colección Deza Básicos. O obxectivo é que os contidos sexan facilmente accesibles na rede de xeito ordenado e clasificado, articulando un buscador que leve directamente á información demandada polos usuarios. Igualmente se elaborará unha bibliografía orientativa coas publicacións existentes sobre a Comarca de Deza nas Bibliotecas Municipais a disposición de todos os interesados.
Dende a Concellería de Cultura do Concello de Lalín manifestouse o compromiso de dotar ao Seminario de Estudos de Deza de medios técnicos e económicos suficientes para que as actividades que a Comisión de Coordinación decida emprender sexan posibles.