
A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, indica que estas xornadas consistirán en charlas ofrecidas por destacadas personalidades con coñecemento deste catro ilustres, serán de asistencia gratuíta e que se desenvolverán todas elas no Museo Municipal «Ramón María Aller».
xoves 11 de abril 20:30 h
O escritor Xosé Luna e o Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén, falarán sobre 𝗠𝗮𝗻𝘂𝗲𝗹 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹 𝗩𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮 𝗕𝘂𝘅á𝗻.
xoves 9 de maio 20:30 h
Relatorio do académico Felipe Senén sobre o escultor cambadés 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗔𝘀𝗼𝗿𝗲𝘆 𝗚𝗼𝗻𝘇á𝗹𝗲𝘇.
xoves 29 de agosto 20:30 h
Charla por parte de Cecilia Doporto e do profesor José Ángel Docobo sobre o ilustre 𝗗. 𝗥𝗮𝗺ó𝗻 𝗠ª 𝗔𝗹𝗹𝗲𝗿.
xoves 10 de outubro 20:30 h
A investigadora Carmen Villanueva e o profesor José Ángel Docobo intervirán sobre a figura e obra de 𝐉𝐨𝐬é 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳 𝐆𝐨𝐧𝐳á𝐥𝐞𝐳, “𝙊 𝙈𝙖𝙩𝙚𝙢á𝙩𝙞𝙘𝙤 𝙍𝙤𝙙𝙧í𝙜𝙪𝙚𝙯”, que vén de ser elixido “Científico Galego do Ano” pola RAG de Ciencias con motivo do seu 200 aniversario.#lalínécultura

