PREMIOS SED 2023
O Seminario de Estudos de Deza convoca este ano a segunda edición dos Premios do Seminario de Estudos de Deza.
O prazo de presentación das candidaturas ábrese mañá día 25 de decembro, e permanecerá aberto ata o día 31 de decembro.
Seguindo a fórmula iniciada o ano anterior, todas as persoas poden propoñer candidatos para o público na páxina web do SED:
Ahí está dispoñible na lapela premios 2023 un formulario habilitado para tal fin, que é anómino, nas diferentes categorías que se volven a convocar este ano:
– «Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza»
– «Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza»
– «Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza»
O xurado elixirá aos premiados entre as persoas e entidades propostas, e decidirá directamente o «Premio Descubrindo».
Os galardóns entregaranse o vindeiro 12 de xaneiro.
Animádevos a presentar os vosos candidatos!
Imaxes do acto dos Premios SED e presentación do Descubrindo 16
Nun acto no Pazo de Liñares, o Seminario de Estudos do Deza fixo entrega onte dos seus premios que nesta segunda edición recaeron no 𝐌𝐮𝐬𝐞𝐨 𝐄𝐭𝐧𝐨𝐠𝐫á𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐨 𝐏𝐚𝐭𝐫ó𝐧 na categoría de posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza; en 𝐗𝐨𝐬é 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐫𝐜í𝐚 𝐏𝐨𝐫𝐫𝐚𝐥, doutor en Antropoloxía Social, pola investigación do patrimonio cultural de Deza; no xeógrafo 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐏𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 (que non puido asistir por enfermidade) coa distinción Descubrindo polo seu papel como fundador e redactor do anuario; e en 𝐑𝐨𝐦á𝐧 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳, o actual conselleiro de Cultura e Educación da Xunta, recibindo o Galardón de Honra por ser un dos fundadores e coordinador do SED durante anos.
Aproveitouse o evento tamén para presentar o nº 16 do anuario Descubrindo.